Con motivo de visibilizar e promover prácticas de consumo máis responsables, este venres 15 de Marzo a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC organiza unha xornada sobre Moda sostible na Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol. A actividade será de 10.30h a 12.00h no hall do centro, onde se disporán varios stands con distintas profesionais do sector que compartirán as súas perspectivas e coñecementos sobre o tema.
Acompañarannos nesta xornada Solidariedade Internacional de Galicia, quen facilitará o almorzo con produtos de Comercio Xusto. Tamén contarán cun posto no que nos introducirán os conceptos de cidadanía global e presentarán a perspectiva da responsabilidade social baseada nos dereitos humanos, respectuosa co medio ambiente e sostible no futuro.
Así mesmo, Intermón Oxfam achegaranos a súa experiencia no Comercio Xusto e produción textil, falando dunha alternativa na que a deslocalización e abaratamento dos custos de produción non sexan requisitos necesarios para a unha produción de calidade. Tamén contaremos coa presenza de Noemí Díaz Patiño, quen emprendeu o seu camiño na moda sustentable a través de diversos proxectos como Coclub e #Adoptaunaprenda, iniciativas coas que trata de prolongar os ciclos de vida da roupa dende una perspectiva a favor da slow fashion.
Animámosvos a participar neste encontro!
Máis información ocvfer@udc.es