A cooperación internacional para o desenvolvemento é unha saída laboral potencial para o estudantado de diferentes áreas de coñecemento. A pesares de ser un sector que sufriu grandes recortes nos derradeiros anos, segue a ser un ámbito de moito interese para as mozas e mozos que queren dedicarse profesional á xestión das políticas de cooperación ao desenvolvemento.
Por este motivo, ábrese o prazo de preinscrición no curso de formación continua da Universidade de Santiago de Compostela de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, cunha duración de 30 horas (3 créditos ECTS).
OBXECTIVOS:
CONTIDOS:
1. Evolución das teorías do desenvolvemento: a chegada ao Desenvolvemento Humano Sostible. Horas: 5. Créditos: 0,5
2. Introdución á Cooperación Internacional ao Desenvolvemento: modelos, tipoloxías e instrumentos. Horas: 5. Créditos: 0,5
3. Os actores da cooperación ao desenvolvemento: tipos e características. Horas: 5. Créditos: 0,5
4. A axenda internacional do desenvolvemento: dos ODM aos ODS. Horas: 5. Créditos: 0,5
5. A xestión da cooperación: Identificación, deseño e execución de proxectos. Horas: 10. Créditos: 1
DOCENTES: Irene Rodríguez Manzano, Carlos Teijo García e Carolina Lodeiro Malde.
PREINSCRICIÓN: do 28/10/2015 ao 20/11/2015
MATRÍCULA: do 21/11/2015 ao 30/11/2015
MÁIS INFO: As persoas interesadas deberán enviar o formulario de preinscrición cuberto, xunto cun breve currículo vitae, a sepiu.santiago@usc.es. Toda a información e o formulario para descargar en www.usc.es/sepiu