Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso Básico de formación en voluntariado

cartel curso basico coruna outubro.png
26 e 27 de outubro de 2018

O Curso Básico de Formación en Voluntariado (16 h), está especialmente dirixido ao voluntariado de nova incorporación na OCV. Consta de 8 módulos de dúas horas cada un, no que se tratan as cuestións esenciais para iniciarse no eido da participación neste ámbito, cunha metodoloxía de traballo que inclúe dinámicas, vídeos, xogo de roles, etc. Tamén está aberto ao voluntariado doutras entidades, estudantado e público en xeral.

Gratuito para o voluntariado en activo e acreditado. 15 € para o resto. As prazas son limitadas.

 

TÍTULO DO CURSO

CONTIDOS

HORAS

LUGAR DE REALIZACIÓN/DATAS.

PREZO/LUGAR INSCRICIÓN

 

 

 

 

 

Formación básica en voluntariado

 

 

  1. Introdución á cooperación e á ED. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
  2. Voluntariado en cooperación ao desenvolvemento.
  3. Dereitos e deberes da persoa voluntaria.
  4. Riscos do voluntariado.
  5. As motivacións do voluntariado.
  6. O traballo en grupo.
  7. Asertividade nas relacións de axuda.
  8. As habilidades sociais.

 

 

 

Total:

 

16 horas presenciais

 

 

 

 

 

 

 

Universidade da Coruña

 

Datas e lugar:

Día 26 de outubro

CUR (Centro Universitario de Riazor)

 

De 9:30 a 14:00

De 16:00 a 20:30

 

Día 27 de outubro

CUR (Centro Universitario de Riazor)

 

De 10:00 a 14:30

De 16:00 a 20:30

 

 

 

 

15 euros non voluntariado

 

 

Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN BÁSICA EN VOLUNTARIADO. PROGRAMA DESCRITIVO

Consideracións xerais sobre o curso:

 

O curso utilizará unha metodoloxía dinámico–participativa, que promoverá que as persoas participantes poidan acadar as habilidades básicas para o comezo da súa labor no ámbito do voluntariado.

 

 

 

TEMA

 

HORAS

 

PERFIL DOCENTE

 

DOCENTE

 

DATA/HORA

 

CONTIDOS.

  1. Introdución á Cooperación e á Educación ao Desenvolvemento. Os ODS.

 

2

 

 

Diplomada/Licenciada con experiencia en programas de voluntariado e cooperación ao desenvolvemento

 

Vanessa Míguez Martín

26 de outubro

9.30-11.30

 

Introducir dun xeito básico e dinámico o ámbito da cooperación e a educación ao desenvolvemento, promovendo a reflexión crítica sobre os contidos tratados. A Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible serán tratados transversalmente.

 

  1. Voluntariado en cooperación ao desenvolvemento

2

Diplomada/Licenciada con experiencia en programas de voluntariado e cooperación ao desenvolvemento.

 

 

Vanessa Míguez Martín

 

26 de outubro

12.00-14.00

 

Dar unha visión conceptual e práctica do ámbito do voluntariado na cooperación ao desenvolvemento.

  1. Dereitos e deberes da persoa voluntaria.

 

2

Diplomado/licenciado con experiencia no ámbito do voluntariado.

 

 

 

 

 

Ricardo Puertas Mosquera

 

 

26 de outubro

16.00-18.00

 

Ofrecer unha visión obxectiva dos dereitos e deberes do voluntariado, asemade sensibilizar sobre os principios éticos para o desenvolvemento da labor voluntaria.

Como marco de referencia teranse en conta as seguintes leis:

  1. “Ley 45/2015, de 14 de octubre de voluntariado”.
  2. Lei 28/2011 do 28 de decembro de acción voluntaria de Galicia.

Tamén servirá de axuda na preparación da sesión ter en conta a “Estratexia de acción voluntaria 2016-2018”.

As sesións serán dinámico – participativas, dando lugar ao debate entre as persoas asistentes ao curso. 

  1. Riscos do voluntariado

 

2

Diplomado/Licenciado, preferiblemente con formación especializada en Prevención de Riscos.

 

 

Ricardo Puertas Mosquera

26 de outubro

18.30-20.30

 

Facer unha abordaxe integral dos riscos e da súa prevención dun xeito especifico no que atinxe a labor da voluntaria/o.

Terán especial mención os riscos a nivel emocional, que poderán ser traballados de maneira participativa co alumnado.

Sensibilizarase a nivel xeral sobre os riscos do voluntariado de cara á labor a desenvolver.

  1. As motivacións do voluntariado

 

2

Diplomada/licenciada con experiencia en diferentes ámbitos do voluntariado.

 

Lucía Pintor Mourazos

27 de outubro

10:00 a 12:00

 

Explorar as motivacións do voluntariado dun xeito dinámico a través de dinámica de grupos.

Facer mención ás diferentes motivacións do voluntariado.

  1. Traballo en grupo

 

2

Diplomada/licenciada, con experiencia docente en dinámica de grupos, e experiencia no traballo en grupo, sendo preferible experiencia en coordinación de equipos dentro de ONG.

 

 

Lucía Pintor Mourazos

27 de outubro

12:30 a 14:30

 

Facer unha abordaxe das características do traballo en grupo.

Prover ás persoas participantes dos coñecementos e técnicas básicas para o traballo grupal.

Facer unha análise dos aspectos positivos e mellorables que pode ter o traballo en grupo en función da experiencia previa das participantes neste ámbito.

  1. Asertividade nas relacións de axuda.

 

2

Diplomado/licenciado con experiencia  no campo da comunicación humana.

 

 

José Luis Castro Feijoo

27 de outubro

16:00 a 18:00

 

Introducir dun xeito básico os estilos de comunicación.

De xeito específico, incidir no estilo de comunicación “asertivo” na relación de axuda.

Transmitir  e  ensinar a asertividade dunha forma dinámica e participativa, utilizando técnicas como xogo de roles, etc.

  1. As habilidades sociais

 

2

 

Diplomado/licenciado con experiencia no campo da comunicación humana.

 

 

José Luis Castro Feijóo

27 de outubro

 

18:30 a 20:30

 

Traballar  as habilidades sociais explorando os seus compoñentes.

Traballar comportamentos, pensamentos, que poidan levar a resolver unha situación social de xeito efectivo. 

Ensinar as habilidades sociais dun xeito dinámico, facendo fincapé na participación do alumnado neste bloque.

 

Este programa está suxeito a cambios de tipo organizativo