O Curso Básico de Formación en Voluntariado (16 h), está especialmente dirixido ao voluntariado de nova incorporación na OCV. Consta de 8 módulos de dúas horas cada un, no que se tratan as cuestións esenciais para iniciarse no eido da participación neste ámbito, cunha metodoloxía de traballo que inclúe dinámicas, vídeos, xogo de roles, etc. Tamén está aberto ao voluntariado doutras entidades, estudantado e público en xeral.
Gratuito para o voluntariado en activo e acreditado. 15 € para o resto. As prazas son limitadas.
TÍTULO DO CURSO |
CONTIDOS |
HORAS |
LUGAR DE REALIZACIÓN/DATAS. |
PREZO/LUGAR INSCRICIÓN |
Formación básica en voluntariado |
|
Total:
16 horas presenciais
|
Universidade da Coruña
Datas e lugar: Día 26 de outubro CUR (Centro Universitario de Riazor)
De 9:30 a 14:00 De 16:00 a 20:30
Día 27 de outubro CUR (Centro Universitario de Riazor)
De 10:00 a 14:30 De 16:00 a 20:30
|
15 euros non voluntariado
Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña
|
FORMACIÓN BÁSICA EN VOLUNTARIADO. PROGRAMA DESCRITIVO
Consideracións xerais sobre o curso:
O curso utilizará unha metodoloxía dinámico–participativa, que promoverá que as persoas participantes poidan acadar as habilidades básicas para o comezo da súa labor no ámbito do voluntariado.
TEMA |
HORAS |
PERFIL DOCENTE |
DOCENTE |
DATA/HORA |
CONTIDOS. |
|
2
|
Diplomada/Licenciada con experiencia en programas de voluntariado e cooperación ao desenvolvemento |
Vanessa Míguez Martín |
26 de outubro 9.30-11.30
|
Introducir dun xeito básico e dinámico o ámbito da cooperación e a educación ao desenvolvemento, promovendo a reflexión crítica sobre os contidos tratados. A Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible serán tratados transversalmente.
|
|
2 |
Diplomada/Licenciada con experiencia en programas de voluntariado e cooperación ao desenvolvemento. |
Vanessa Míguez Martín
|
26 de outubro 12.00-14.00
|
Dar unha visión conceptual e práctica do ámbito do voluntariado na cooperación ao desenvolvemento. |
|
2 |
Diplomado/licenciado con experiencia no ámbito do voluntariado. |
Ricardo Puertas Mosquera
|
26 de outubro 16.00-18.00
|
Ofrecer unha visión obxectiva dos dereitos e deberes do voluntariado, asemade sensibilizar sobre os principios éticos para o desenvolvemento da labor voluntaria. Como marco de referencia teranse en conta as seguintes leis:
Tamén servirá de axuda na preparación da sesión ter en conta a “Estratexia de acción voluntaria 2016-2018”. As sesións serán dinámico – participativas, dando lugar ao debate entre as persoas asistentes ao curso. |
|
2 |
Diplomado/Licenciado, preferiblemente con formación especializada en Prevención de Riscos. |
Ricardo Puertas Mosquera |
26 de outubro 18.30-20.30
|
Facer unha abordaxe integral dos riscos e da súa prevención dun xeito especifico no que atinxe a labor da voluntaria/o. Terán especial mención os riscos a nivel emocional, que poderán ser traballados de maneira participativa co alumnado. Sensibilizarase a nivel xeral sobre os riscos do voluntariado de cara á labor a desenvolver. |
|
2 |
Diplomada/licenciada con experiencia en diferentes ámbitos do voluntariado. |
Lucía Pintor Mourazos |
27 de outubro 10:00 a 12:00
|
Explorar as motivacións do voluntariado dun xeito dinámico a través de dinámica de grupos. Facer mención ás diferentes motivacións do voluntariado. |
|
2 |
Diplomada/licenciada, con experiencia docente en dinámica de grupos, e experiencia no traballo en grupo, sendo preferible experiencia en coordinación de equipos dentro de ONG. |
Lucía Pintor Mourazos |
27 de outubro 12:30 a 14:30
|
Facer unha abordaxe das características do traballo en grupo. Prover ás persoas participantes dos coñecementos e técnicas básicas para o traballo grupal. Facer unha análise dos aspectos positivos e mellorables que pode ter o traballo en grupo en función da experiencia previa das participantes neste ámbito. |
|
2 |
Diplomado/licenciado con experiencia no campo da comunicación humana. |
José Luis Castro Feijoo |
27 de outubro 16:00 a 18:00
|
Introducir dun xeito básico os estilos de comunicación. De xeito específico, incidir no estilo de comunicación “asertivo” na relación de axuda. Transmitir e ensinar a asertividade dunha forma dinámica e participativa, utilizando técnicas como xogo de roles, etc. |
|
2 |
Diplomado/licenciado con experiencia no campo da comunicación humana. |
José Luis Castro Feijóo |
27 de outubro
18:30 a 20:30
|
Traballar as habilidades sociais explorando os seus compoñentes. Traballar comportamentos, pensamentos, que poidan levar a resolver unha situación social de xeito efectivo. Ensinar as habilidades sociais dun xeito dinámico, facendo fincapé na participación do alumnado neste bloque. |
Este programa está suxeito a cambios de tipo organizativo