Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso básico de formación en voluntariado

cartel_basico.png_1299073687.png
26 e 27 de marzo
Universidade:
UDC
Público:
Estudantes

A Formación básica en Voluntariado, está especialmente dirixida ao voluntariado de nova incorporación aos proxectos da OCV. A oferta amplíase ao voluntariado acreditado e en activo doutras entidades de acción voluntaria, estudantado da universidade e persoas interesadas en coñecer os aspectos esenciais do voluntariado.

Datas: 26 e 27 de marzo

Horario: Día 26 de marzo de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30
Día 27 de marzo de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30

Modalidade: virtual

Contidos:

1.Introdución á cooperación e áED. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
2.Seguridade e saúde noVoluntariado
3.Voluntariado en cooperación aodesenvolvemento.
4.Dereitos e deberes da persoavoluntaria.
5.Riscos do voluntariado.
6.As motivacións do voluntariado.
7.O traballo en grupo.
8.Asertividade nas relacións deaxuda.
9.As habilidades sociais.

Para a obtención do certificado será necesaria a asistencia ao 85% das horas virtuais.