Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso Básico de formación en voluntariado (campus de Ferrol)

cartel curso basico ferrol noviembre.png
9 e 10 de novembro 2018

O Curso Básico de Formación en Voluntariado, está especialmente dirixido ao voluntariado de nova incorporación aos proxectos da OCV. A oferta amplíases ao voluntariado acreditado e en activo doutras entidades de acción voluntaria, estudantado da universidade e persoas interesadas en coñecer os aspectos esenciais do voluntariado.

As prazas son limitadas. Gratuíto para o voluntariado. 15 € de custe para o resto.

TÍTULO DO CURSO

CONTIDOS

HORAS

LUGAR DE REALIZACIÓN/DATAS.

PREZO/LUGAR INSCRICIÓN

 

 

 

 

 

Formación básica en voluntariado

 

 

  1. Introdución á cooperación e á ED. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
  2. Voluntariado en cooperación ao desenvolvemento.
  3. Dereitos e deberes da persoa voluntaria.
  4. Riscos do voluntariado.
  5. As motivacións do voluntariado.
  6. O traballo en grupo.
  7. Asertividade nas relacións de axuda.
  8. As habilidades sociais.

 

 

 

Total:

 

16 horas presenciais

 

 

 

 

 

 

 

Universidade da Coruña.

Datas e lugar:

Día 9 de novembro

Edif. Apoio ao Estudo (aula -1.1)

Campus Esteiro

De 9:30 a 14:00

De 16:00 a 20:30

 

Día 10 de novembro

Edif. Apoio ao Estudo (aula -1.1)

Campus Esteiro

De 10:00 a 14:30

De 16:00 a 20:30

 

 

 

 

15 euros non voluntariado

 

 

Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN BÁSICA EN VOLUNTARIADO. PROGRAMA DESCRITIVO

Consideracións xerais sobre o curso.

Metodoloxía.

O curso utilizará unha metodoloxía dinámico – participativa.

Obxectivo do curso.

Que os participantes poidan acadar as habilidades básicas para o comezo da súa labor no ámbito de voluntariado.

 

 

 

TEMA

 

HORAS

 

PERFIL DOCENTE

 

DOCENTE

 

DATA/HORA

 

CONTIDOS.

  1. Introdución á Cooperación e á Educación ao Desenvolvemento. Os ODS.

 

2

 

 

Diplomada/licenciada con experiencia en programas de voluntariado e cooperación ao desenvolvemento

 

Vanessa Míguez Martín

9 de novembro

9.30-11.30

 

Introducir dun xeito básico e dinámico o ámbito da cooperación e a educación ao desenvolvemento, promovendo a reflexión crítica sobre os contidos tratados. A Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible serán tratados transversalmente.

 

  1. Voluntariado en cooperación ao desenvolvemento

2

Diplomado/licenciado con experiencia en programas de voluntariado e cooperación ao desenvolvemento.

 

 

Vanessa Míguez Martín

 

9 de novembro

12.00-14.00

 

Dar unha visión conceptual e práctica do ámbito do voluntariado na cooperación ao desenvolvemento

  1. Dereitos e deberes da persoa voluntaria.

 

2

Diplomado/licenciado con experiencia no ámbito do voluntariado.

 

 

 

 

 

Ricardo Puertas Mosquera

 

 

9 de novembro

16.00-18.00

 

Ofrecer unha visión obxectiva dos dereitos e deberes dos voluntarios, asemade sensibilizar sobre os principios éticos para o desenvolvemento da labor voluntaria.

Como marco de referencia teranse en conta as seguintes leis:

  1. “Ley 6/1996 de 15 de enero del voluntariado”.
  2. Lei 28/2011 do 28 de decembro de acción voluntaria de Galicia.

Tamén servirá de axuda na preparación da sesión ter en conta o Plan Galego de Voluntariado 2006-2010.

As sesións serán dinámico – participativas, dando lugar ao debate entre os asistentes o curso. 

  1. Riscos do voluntariado

 

2

Diplomado/Licenciado, preferiblemente con formación especializada en Prevención de Riscos.

 

 

Ricardo Puertas Mosquera

9 de novembro

18.30-20.30

 

Facer unha abordaxe integral dos riscos e da súa prevención dun xeito especifico no que atinxe a labor da voluntaria/o.

Terán especial mención os riscos a nivel emocional, que poderán ser traballados de maneira participativa cos alumnos.

Se sensibilizará a nivel xeral sobre os riscos do voluntariado de cara a labor a desenvolver.

  1. As motivacións do voluntariado

 

2

Bacharel / diplomado/licenciado con experiencia en diferentes ámbitos do voluntariado. Con experiencia en OCV.

 

Lucía Pintor Mourazos

10 de novembro

10:00 a 12:00

 

Explorar as motivacións do voluntariado dun xeito dinámico a través de dinámica de grupos.

Facer mención as diferentes motivacións do voluntariado,

  1. Traballo en grupo

 

2

Bacharel/diplomado/licenciado, con experiencia docente en dinámica de grupos, e experiencia no traballo en grupo, sendo preferible experiencia en coordinación de equipos dentro de ONG`S

 

 

Lucía Pintor Mourazos

10 de novembro

12:30 a 14:30

 

Facer unha abordaxe das características do traballo en grupo.

Prover os participantes dos coñecementos e técnicas básicas para o traballo grupal.

Facer unha análise dos aspectos positivos e mellorables que pode ter o traballo en grupo en función da experiencia previa dos participantes neste ámbito.

  1. Asertividade nas relacións de axuda.

 

2

Diplomado/licenciado con experiencia  no campo da comunicación humana.

 

 

José Luis Castro Feijoo

10 de novembro

16:00 a 18:00

 

Introducir dun xeito básico os estilos de comunicación.

De xeito específico, incidir no estilo de comunicación “asertivo” na relación de axuda.

Transmitir  e  ensinar a asertividade dunha forma dinámica e participativa, utilizando técnicas como xogo de roles, etc.

  1. As habilidades sociais

 

2

 

Diplomado/licenciado con experiencia no campo da comunicación humana.

 

 

José Luis Castro Feijóo

10 de novembro

 

18:30 a 20:30

 

Traballar  as habilidades sociais explorando os seus compoñentes.

Traballar comportamentos, pensamentos, que poidan levar a resolver unha situación social de xeito efectivo. 

Ensinar as habilidades sociais dun xeito dinámico, facendo fincapé na participación dos alumnos neste bloque.

 

Este programa está suxeito a cambios de tipo organizativo