Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso Básico de Formación en Voluntariado (edición Coruña)

foto cartel curso basico febrero coruna.jpg
8 e 9 de febreiro
Universidade:
UDC

O Curso Básico de Formación en Voluntariado, está especialmente dirixido ao voluntariado de nova incorporación aos proxectos da OCV. A oferta amplíases ao voluntariado acreditado e en activo doutras entidades de acción voluntaria, estudantado da universidade e persoas interesadas en coñecer os aspectos esenciais do voluntariado.

As datas de celebración serán 8 e 9 de febreiro no Centro Universitario de Riazor, A Coruña.

Prazo de preinscrición aberto.

 

  1. Dereitos e deberes da persoa voluntaria.
  2. Riscos do voluntariado.
  3. Introdución á cooperación e á ED. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
  4. Voluntariado en cooperación ao desenvolvemento.
  5. As motivacións do voluntariado.
  6. O traballo en grupo.
  7. Asertividade nas relacións de axuda.
  8. As habilidades sociais