O Curso Básico de Formación en Voluntariado, está especialmente dirixido ao voluntariado de nova incorporación aos proxectos da OCV. A oferta amplíase ao voluntariado acreditado e en activo doutras entidades de acción voluntaria, estudantado da universidade e persoas interesadas en coñecer os aspectos esenciais do voluntariado.
Data de celebración: 8 e 9 de novembro
Horario: venres de 9:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h; sábado de 10.00 h a 14.30 h e de 16.00 h a 20.30 h
Lugar de celebración: Edificio de Apoio ao Estudo (aula -1.2). Campus de Esteiro, Ferrol
As prazas son limitadas, polo que na presincripción se terá en conta a seguinte orde:
- Voluntariado da OCV
- Estudantes e comunidade universitaria da UDC
- Voluntariado doutras entidades
- Resto de persoas interesadas.
Gratuíto para o voluntariado (en activo e convenientemente acreditado con carné, acordo de compromiso ou certificado expedido pola entidade de acción voluntaria). 15 € para o resto.
Dous días antes do inicio do curso, as persoas que obtivesen praza recibirán unha notificación por correo electrónico para formalizar a matrícula no mesmo. No caso de non recibila, pasará á listaxe de espera.