O curso, organizado conxuntamente con Asamblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) en Galicia, está enfocado a introducir ao alumnado universitario no enfoque de dereitos en cooperación ao desenvolvemento e á promoción da equidade de xénero.
Ten unha duración total de 12 h, 8 presenciais e 4 de traballo individual.
Xoves 21 de abril
Introdución á Cooperación Internacional e o Enfoque de Dereitos
Xoves 28 de abril
Promoción da equidade de xénero con Enfoque de Dereitos
O horario será de 16:00 a 20:00 h.
Lugar de celebración: Facultade de Socioloxía (sala de xuntas) do campus de Elviña en A Coruña.
Enlace ao formulario de inscrición.