Este curso vai dirixido ao alumnado de Máster e Grao, preferentemente de terceiro e cuarto curso, que desexe coñecer as chaves do deseño e elaboración dun TFG e TFM baixo a temática dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. O curso de modalidade non presencial consta de 30 horas e recoñecemento de 1 ECTS.
Será impartido a través da plataforma de teledocencia MOOVI. Está organizado en 4 módulos a onde se accederán os materiais de lectura, a vídeos, a pílulas explicativas e ás distintas actividades. O alumnado disporá de titorías individualizadas a través de videoconferencia e foro de dúbidas.
Período de realización: Do 1 ao 30 de novembro 2022
Duración 30 horas
Recoñecerase 1ECTS pola realización do curso.
Modalidade: Virtual, a través de Moovi