Curso obrigatorio destinado ao alumnado da UDC que se beneficiará das bolsas denominadas Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) durante o ano 2019.
Data: 27 de abril e 11 de maio de 2019
Dirixido a: Estudantado da UDC participante das bolsas PCR
Lugar: Aula 8 do Centro Universitario de Riazor (CUR). A Coruña.
Horas: 17,5 horas presenciais e 2,5 de traballo online obrigatorio
DESCRICIÓN DOS CONTIDOS
Sábado 27 de abril
10.00-11.30h. Introdución. Aproximación a conceptos clave de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
11.30-12.30 h. Xénero e Cooperación ao desenvolvemento. Aparición do xénero na axenda do desenvolvemento.
12.30-13.00 h. Descanso
13.00-14.30 h. As ferramentas metodolóxicas (I) Os proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Tipoloxía e principios básicos.
14.30-15.30 h. Xantar.
15.30-18.00 h. As ferramentas metodolóxicas (II). O ciclo de vida dos proxectos.
18.00-18.30 h. Descanso
18.30-21.00 h. As ferramentas metodolóxicas (III) Deseño e xestión de proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Enfoque de Marco Lóxico.
Todos os contidos do sábado 27 de abril serán impartidos por Alejandro Quiñoá, da ONGD Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP)
Sábado 11 de maio
10.00-12.00 h. A educación para o desenvolvemento e a comunicación social (I). Introdución á ED: concepto, xeracións, ámbitos, dimensións, tipos de accións, principios, liñas transversais. AGARESO.
12.00-12.30 h. Descanso
12.30-14.30 h. Introdución á CCS: concepto, evolución, obxectivos, características, exemplos. Proxectos educomunicativos en Galicia e no exterior. Boas prácticas: código de imaxes e mensaxes das ONGD, análise comparativa de campañas. Como podemos nós poñer en prática a CCS? Medios, redes sociais, blogs, vídeos, entrevistas...AGARESO.
14.30-15.30 h. Descanso xantar
15.30-18.30 h. Seguridade e responsabilidade no terreo. Ofelia García. Consultora especialista en Acción Humanitaria
18.30-18.45 h. Descanso
18.45-20.15 h. Mesa redonda de PCR e PCC de convocatorias anteriores.