Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso sobre Formulación de proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento: O financiamento de Organismos Multilaterais

obradoiro_financiamento_scq_3.jpg
4-8 de maio
Público:
PDI

As universidades son un axente chave para a formación de cidadanía transformadora e de difusión do concepto de desenvolvemento humano sustentable. Neste curso se dará repaso ás oportunidades de financiamento que os distintos proxectos desenvolvidos polas universidades poden encontrar nos programas dos organismos multilaterais (Banco Mundial, Bancos Rexionais, Nacións Unidas,...) e do xeito máis eficaz e eficiente para poder concorrer ao mesmos.

Curso organizado pola RGCUD no marco do seu programa de formación conxunto dirixido ao PDI da tres universidades galegas (UDC, USC, UVIGO)

DATAS: O curso celebrarase o 4 de maio na Universidade da Coruña (10:00-14:00 e 16:00-20:00), o 5 e 6 de maio na Universidade de Vigo (10:00-14:00) e o 7 e 8 de maio na Universidade de Santiago de Compostela (16:30-20:30).

DOCENTE: Javier Vallejo Poza

OBXECTIVOS:

  • Coñecer as oportunidades de financiamento internacionais que ofrecen os organismos multilaterais para proxectos de cooperación internacional
  • Determinar o interese e potencialidade do mesmo
  • Delimitar as características, procedementos e aspectos operativos máis importantes
  • Aprender os pasos iniciais para desenvolverse con este financiador
  • Coñecer sinteticamente a experiencia, o saber facer e as metodoloxías imprescindibles para ter éxito
  • Adquirir información suficiente para deseñar unha estratexia de implantación