Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso Formulación de proxectos e metodoloxía de Enfoque de Marco Lóxico

13, 20 e 27 de abril e 4 de maio

O curso está enfocado a mellorar a calidade das propostas presentadas pola PDI e PAS da Universidade da Coruña ao financiadores da cooperación internacional para o desenvolvemento.

Cun total de 30 h lectivas, o curso divídese en 16 h presenciais, que terán lugar en horario de 16 a 20 h na Facultade de Socioloxía (aula Fernández de Rota) do Campus de Elviña. As 14 h restantes serán de traballo virtual asíncrono en TEAMS.

Día 1_Teoría e práctica_ 4 horas

·         Presentación e Introducción:

·         • Presentación dos obxetivos do curso e da metodoloxía de traballo.

·         • Exposición teórica sobre o Ciclo dun Proxecto de Desenvolvemento.

·         • Ciclo do Proxecto e a Metodoloxía do Enfoque del Marco Lóxico.

·         • Organización dos grupos de traballo. Posta en común do caso práctico.

Día 2_Traballo en Grupos. Teoría e práctica_ 4 horas

·         Identificación do proxecto na Cooperación Universitaria_ O enfoque de desenvolvemento:

·         • A misión de identificación do proxecto. Axenda no terreo.

·         • Análise da Participación e concreción do colectivo beneficiario.

·         • Árbore de problemas e árbore de obxectivos.

·         • Posta en común do traballo dos diferentes grupos (mesas).

Día 3. Traballo en Grupos. Teoría e práctica_ 4 horas.

·         Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:

·         • Análise de alternativas. Xustificación da alternativa elexida.

·         • Obxectivo Xeral e Obxectivo Específico.

·         • Resultados, Actividades, Indicadores e Fontes de Verificación na cooperación universitaria.

·         • Matriz do Marco Lóxico.

Día 4. Traballo en Grupos. Teoría e práctica_ 4 horas.

·         Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:

·         • Como pasar da identificación do proxecto ao Documento de Formulación. Claves para cubrir os

·         documentos de formulación de diferentes axencias de desenvolvemento: Pertinencia, coherencia,

·         financiamento, recursos humanos e técnicos, análise da entidade solicitante e contraparte local,

·         poboación beneficiaria, viabilidade, complementariedade e incorporación dos enfoques

·         transversais, adecuación e contribución aos principios da Declaración de París e aos ODS.

·         • Execución, Seguemento e Avaliación.