O curso está enfocado a mellorar a calidade das propostas presentadas pola PDI e PAS da Universidade da Coruña ao financiadores da cooperación internacional para o desenvolvemento.
Cun total de 30 h lectivas, o curso divídese en 16 h presenciais, que terán lugar en horario de 16 a 20 h na Facultade de Socioloxía (aula Fernández de Rota) do Campus de Elviña. As 14 h restantes serán de traballo virtual asíncrono en TEAMS.
Día 1_Teoría e práctica_ 4 horas
· Presentación e Introducción:
· • Presentación dos obxetivos do curso e da metodoloxía de traballo.
· • Exposición teórica sobre o Ciclo dun Proxecto de Desenvolvemento.
· • Ciclo do Proxecto e a Metodoloxía do Enfoque del Marco Lóxico.
· • Organización dos grupos de traballo. Posta en común do caso práctico.
Día 2_Traballo en Grupos. Teoría e práctica_ 4 horas
· Identificación do proxecto na Cooperación Universitaria_ O enfoque de desenvolvemento:
· • A misión de identificación do proxecto. Axenda no terreo.
· • Análise da Participación e concreción do colectivo beneficiario.
· • Árbore de problemas e árbore de obxectivos.
· • Posta en común do traballo dos diferentes grupos (mesas).
Día 3. Traballo en Grupos. Teoría e práctica_ 4 horas.
· Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:
· • Análise de alternativas. Xustificación da alternativa elexida.
· • Obxectivo Xeral e Obxectivo Específico.
· • Resultados, Actividades, Indicadores e Fontes de Verificación na cooperación universitaria.
· • Matriz do Marco Lóxico.
Día 4. Traballo en Grupos. Teoría e práctica_ 4 horas.
· Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:
· • Como pasar da identificación do proxecto ao Documento de Formulación. Claves para cubrir os
· documentos de formulación de diferentes axencias de desenvolvemento: Pertinencia, coherencia,
· financiamento, recursos humanos e técnicos, análise da entidade solicitante e contraparte local,
· poboación beneficiaria, viabilidade, complementariedade e incorporación dos enfoques
· transversais, adecuación e contribución aos principios da Declaración de París e aos ODS.
· • Execución, Seguemento e Avaliación.