O curso de Introdución ao Voluntariado e Cooperación está dirixido a calquera persoa interesada en coñecer máis polo miúdo as experiencias de voluntariado e cooperación. Neste curso os contidos preséntanse agrupados en nove módulos que nos achegan ao marco de referencia no que se desenvolve un proxecto de voluntariado, que nos permitirán coñecer os principios da acción voluntaria e coñecer diferentes experiencias desde o punto de vista das organizacións e das persoas voluntarias.
Está recoñecido academicamente para todas as titulacións con 2 créditos ECTS ou 2 CLC. Para que a participación sexa recoñecida academicamente debe realizarse o 90% do total das horas. Para a avaliación do aproveitamento é obrigatoria a entrega dunha memoria final de non menos de 1.000 palabras.
Os módulos son os seguintes: