Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso sobre Intelixencia Emocional aplicada ao Voluntariado

2014-10-10 09.43.04.jpg
25 de abril
Universidade:
UDC

O próximo día 25 de abril, no Centro Universitario de Riazor (CUR), impartirase o Curso sobre Intelixencia Emocional aplicada ao Voluntariado.
Durante o curso traballaranse os conceptos de intelixencia emocional, competencias emocionais, e a través dos supostos prácticos analizarase a práctica da intelixencia emocional na labor voluntario.

Este curso é gratuito para as persoas voluntarias. Aquelas que non colaboran activamente en ningunha entidade de voluntariado, deberán aboar unha matrícula de 5 Euros. Prazas limitadas.