Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso PCR. Introdución á cooperación e educación ao desenvolvemento

23 e 24 de abril de 2016

OBXECTIVOS:

  • Coñecer conceptos clave e ferramentas para entender o ámbito do desenvolvemento e a cooperación, nun contexto globalizado como o actual, cunha visión crítica do modelo actual.
  • Achegarse ás ferramentas para o deseño e execución de programas e proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento.
  • Reflexionar e cuestionar as principais ferramentas e modelos de axuda o desenvolvemento.
  • Coñecer boas prácticas para a construción e difusión de mensaxes positivas.

DESTINATARI@S:

O presente curso está dirixido principalmente ao alumnado da UDC participante dos Proxectos de Coñecemento da Realidade.

METODOLOXÍA:

O curso terá un enfoque teórico práctico, os contidos teóricos serán desenvolvidos con dinámicas que fomentarán a reflexión por parte do alumnado. Utilizaranse recursos audiovisuais e materiais didácticos que facilitarán a comprensión dos procesos de desenvolvemento e a aplicación práctica dos proxectos.

 

Sábado 23

10.00-11.30h. Introdución. Aproximación a conceptos clave de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

11.30-12.30 h. Xénero e Cooperación ao desenvolvemento. Aparición do xénero na axenda do desenvolvemento.

12.30-13.00 h. Descanso

13.00-14.30 h. As ferramentas metodolóxicas (I) Os proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Tipoloxía e principios básicos.

14.30-15.30 h. Xantar.

15.30-18.00 h. As ferramentas metodolóxicas (II). O ciclo de vida dos proxectos.

18.00-18.30 h. Descanso

18.30-21.00 h. As ferramentas metodolóxicas (III) Deseño e xestión de proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Enfoque de Marco Lóxico.  

 

Domingo 24

10.00-12.00 h. A educación para o desenvolvemento e a comunicación social (I). Introdución á ED: concepto, xeracións, ámbitos, dimensións, tipos de accións, principios, liñas transversais.

12.00-12.30 h. Descanso

12.30-14.30 h. Introdución á CCS: concepto, evolución, obxectivos, características, exemplos. Proxectos educomunicativos en Galicia e no exterior. Boas prácticas: código de imaxes e mensaxes das ONGD, análise comparativa de campañas. Como podemos nós poñer en prática a CCS? Medios, redes sociais, blogs, vídeos, entrevistas...

14.30-15.30 h. Descanso xantar

15.30-17.00 h. A educación para o desenvolvemento e a comunicación social (continuación)

17.00-17.15 h. Descanso

17.15-20.15 h. Seguridade e responsabilidade no terreo. Ofelia García. Consultora especialista en Acción Humanitaria