Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso de Perfeccionamento en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

cartel2017.jpg
Marzo, Abril e Maio 2017
Universidade:
USC
Público:
Aberto

O Centro de Posgrao e Formación Continua da USC abre o prazo de matrícula no Curso de Perfeccionamento en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. Ten unha duración de 60 horas presenciais e un recoñecemento de 6 créditos ECTS de posgrao (Certificado de Formación Continua, non válido para obter a titulación de grao). 

OBXECTIVOS:

  • Adquirir os coñecementos necesarios para poder orientar a carreira profesional ao mundo da cooperación.
  • Dotar dos instrumentos, habilidades e competencias profesionais básicas para comprender a cooperación internacional ao desenvolvemento. 
  • Coñecer as ferramentas empregadas na xestión de proxectos de cooperación.
  • Fomentar o pensamento crítico para analizar as causas e consecuencias do desenvolvemento humano actual.
  • Xerar interese entre a comunidade universitaria en relación á cooperación e educación ao desenvolvemento.

CONTIDOS

  1. Cooperación internacional para o desenvolvemento: conceptos básicos.
  2. Evolución das teorías do desenvolvemento: o Desenvolvemento Humano Sostible.
  3. O marco internacional en materia de cooperación internacional para o desenvolvemento.
  4. Axenda Internacional do Desenvolvemento: dos ODM aos ODS.
  5. O sistema multilateral de cooperación internacional para o desenvolvemento.
  6. A política de cooperación española: Administración Xeral do Estado e Descentralizada.
  7. A Política de cooperación española: sociedade civil e outros actores.
  8. A educación para o desenvolvemento.
  9. O enfoque de xénero na cooperación ao desenvolvemento.
  10. Dereitos Humanos e desenvolvemento.
  11. A Xestión da Cooperación: Identificación, Deseño e Execución de Proxectos.

DATAS: 17, 23, 24, 30 e 31 de marzo, 6, 7, 20, 21, 27 e 28 de abril, 4, 5, 11 e 12 de maio de 2017.

HORARIO: xoves e venres de 16:00 a 20:00

MÁIS INFO: As persoas interesadas deberán enviar o formulario de preinscrición cuberto, xunto cun breve currículo vitae, a sepiu.santiago@usc.es. Toda a información e o formulario para descargar en www.usc.es/sepiu