Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Identificación e formulación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento: o Enfoque do Marco Lóxico, EML

img_20150930_170135268_hdr.jpg
29 e 30 de setembro 2015
Universidade:
USC
Público:
PDI

Este curso comeza coa presentación do que é a Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento, CUD, e a importancia das universidades no eido da cooperación internacional para o desenvolvemento.

O obxectivo xeral do mesmo é traballar coa metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico (EML) para que o PDI poida empregar con éxito esta ferramenta na identificación e deseño dos seus proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Do mesmo xeito, o coñecer o EML mellora as capacidades do PDI para presentarse ás convocatoria públicas de subvencións nesta materia, xa que é a metodoloxía de planificación empregada pola gran maioría de actores.

1. Que é a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento: o papel das universidades na axenda do desenvolvemento.

2. O Ciclo de Vida dos proxectos: Identificación, Deseño, Execución, Seguimento e Avaliación.

3. O Enfoque do Marco Lóxico: vantaxes e desvantaxes.

  • Etapas na aplicación do EML: análise de participación, análise de problemas, análise de obxectivos, análise de alternativas.
  • A matriz de planificación do EML: Obxectivo Xeral, Obxectivos Específicos, Resultados e Actividades.