Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

IX Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional

sem.jpg
2019
Ábrese o prazo de inscrición para o IX Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional que se levará a cabo na Facultade de CC. da Comunicación da USC.
 
Esta iniciativa, impulsada por Agareso e ACPP, trata de amosar as distintas estratexias, perspectivas e axentes que operan no eido da comunicación dende unha ollada multidisciplinar. O obxectivo deste seminario é dar a coñecer distintas facetas da comunicación que podan operar como ferramentas para o cambio social (radio social comunitaria, documental, fotografía, etc.). Profesionais do sector como Antonio Pampliega, xornalista especializado en zonas de conflito, ofrecerán tamén as súas experiencias e coñecementos sobre traballo en terreo.
 

Ao longo de cada semana trataranse un amplo abano de temáticas transversais como o enfoque de xénero, os dereitos humanos e a cooperación internacional, alternando sesións teóricas e prácticas nas que as e os asistentes formarán parte activa no desenvolvemento das mesmas. Ademais, dúas das persoas participantes poderán facer unhas prácticas en terreo para completar a súa formación.

 

Se ben o fío condutor é a comunicación, non é preciso ter formación específica neste eido, xa que terase en conta os distintos perfís profesionais das persoas asistentes.

A primeira sesión será o mércores 6 de febreiro e continuarán cada mércores ata o 10 de abril, de 16h a 20h.

Podedes atopar información da edición anterior neste enlace, así como o blog creado polas reporteiras en Marrocos o ano pasado.
A inscrición remata o mércores 6 de febreiro. As persoas interesadas poden contactar no 626 41 95 02 ou escribindo a escolasenracismo@agareso.org