No marco da RGCUD, organízanse as Xornadas "Migracións: Dereitos Humanos e Mobilidade" cos seguintes obxectivos:
Máis información
Prazas limitadas. Matrícula aberta até o 17 de novembro de 2016.
Recoñecidas academicamente con un crédito ECTS para todas as titulacións
Inscrición: sepiu.santiago@usc.es // 881812858/9
A xornada completarase cun caso práctico en intervención social (4 h. de traballo persoal a entregar polo alumnado que precise o recoñecemento académico da actividade. Data límite: 16 de decembro de 2016).
VENRES, 18 de Novembro de 2016
16:00 h. Entrega de materiais. Benvida e presentación.
16:15-18:15 h. Conferencia Marco. Migracións, Dereitos Humanos, Interculturalidade e desenvolvemento. D. Javier Galparsoro, presidente da Comisión de Axuda ao Refuxiado en Euskadi.
18:15 h. Pausa -café
18:30-20:30 h. Mulleres entre dous mundos: as que emigran, as que se quedan. Dª Iria Vázquez Silva. Profesora adxunta na U de Vigo
SÁBADO, 19 de Novembro de 2016
10:00-12:00 h. Políticas sociais e análises da situación legal das persoas estranxeiras en España. Situación de regularidade e irregularidade administrativa. Conceptos básicos. Dª Maite Butamante. Avogada. Humanismo e Democracia, H+D.
12:00 h. Pausa -café
12:30-14:30 h. Saúde e inmigración: Análise da atención sanitaria a persoas inmigrantes en Galicia, dende unha perspectiva de DDHH e Xénero. Dª Belén Torrón. Psicóloga e Responsable de Emigración. Médicos do Mundo Galicia.
16:00-19:00 h. A intervención social con poboación migrante e a importancia do traballo en rede. Historias de vida.