Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

O dereito á alimentación na Axenda Post-2015: Seguridade Alimentaria, Agricultura Sostible e Desenvolvemento Rural

univ._veran_2016_xcolorx.jpg
14, 15 e 16 Xuño
Universidade:
USC

No marco dos Cursos de Verán 2016 da Universidade de Santiago de Compostela, celébrase o curso "O dereito á alimentación na Axenda Post-2015: Seguridade Alimentaria, Agricultura Sostible e Desenvolvemento Rural" os días 14, 15 e 16 de xuño na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. 

Duración: 25 horas

Custo: 120 euros para público xeral (70 € para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC).

Recoñecemento: 2 créditos ECTS (titulacións de grao) || 2 créditos de libre configuración (antigas licenciaturas e diplomaturas)

Matrícula: ata o 3 de xuño

Máis infohttp://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/ 

PROGRAMA

Día 14: “A axenda post-2015 e a cooperación internacional para o desenvolvemento”

Unha nova axenda para un mundo mellor?: Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, José Antonio Alonso.

A cooperación galega para o desenvolvemento en tempos de crises, José Luís Pastoriza Rozas.

O papel da cooperación Sur-Sur na nova axenda post-2015, Guillermo Santander Campos.

Proxección do documental: “O escándalo do despilfarro alimentario” Marie-Pierre Raimbault, 2013

Día 15: “Alimentación e agricultura para un desenvolvemento sustentable”

O Dereito á alimentación no Dereito Internacional dos Dereitos Humanos, Carlos Teijo García.

Seguridade e soberanía alimentaria: fundamentos para un desenvolvemento sustentable, Irene Rodríguez Manzano.

A Seguridade alimentaria na crise climática actual, Mª José Hernando Collado.

Propostas agroecolóxicas para construír sistemas agroalimentarios sustentables: da teoría á práctica, Xavier Simón Fernández.

Mulleres e terra en países en desenvolvemento, Eva Aguayo e Nélda Lamelas.

Proxección do documental: “Campesinas, semillas de cambio” (Joaquín Zúniga Bustos, 2007)

Día 16: “A práctica da cooperación para o desenvolvemento e as funcións da educación”

Traballo sobre o terreo: visita a un proxecto agroecolóxico

Mesa redonda:Experiencias comunitarias de desenvolvemento”, Fidéle Marie Joseph Podga Kikam, Felipe García Nieto, Carmen Freire Cruces.

O Acordo de París no teu prato: apuntes sobre clima, dieta e educación, Pablo Meira Cartea Cartea.