Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Obradoiros de Cooperación e Educación para o Desenvolvemento para os TFM e TFG

cartelobra_udc.jpg
Decembro 2018
Universidade:
UDC

Neste curso a Universidade da Coruña a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), e  dentro das actuacións conxuntas da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), quere fomentar a orientación de parte dos TFG e TFM vinculados ás distintas Áreas de Coñecemento á investigación en temas de Cooperación e Educación para o Desenvolvemento.

Para isto, organizamos varias sesións abertas nas que se pretende achegar ao alumnado á cooperación ao desenvolvemento. Esta charla ten o obxectivo de ser impartida ao estudantado de último curso de grao e de máster. A finalidade é facer un primeiro achegamento a este colectivo para que perciban a Investigación para o Desenvolvemento como unha opción real cara a orientar as súas tarefas investigadoras. 

Neste mes de decembro hai dúas datas confirmadas:

  • · Luns, 10 de decembro ás 17:00 na Facultade de Economía e Empresa, A Coruña.
  • · Luns, 17 de decembro ás 16:30 no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación, Ferrol.