Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Obradoiros de Cooperación e Educación para o Desenvolvemento

20151217_184005.jpg
Outubro 2016
Universidade:
USC
Público:
Estudantes

No marco do Convenio que temos coa Xunta as tres universidades galegas, este curso a Universidade de Santiago de Compostela a través do Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU), e  dentro das actuacións conxuntas da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), quere fomentar a orientación de parte dos TFG e TFM vinculados ás distintas Áreas de Coñecemento á investigación en temas de Cooperación e Educación para o Desenvolvemento.

Para isto, deseñamos un obradoiro que pretende achegar ao alumnado á cooperación ao desenvolvemento. Este obradoiro de 3 horas de duración ten o obxectivo de ser impartido ao estudantado de último curso de grao e de máster. A finalidade é facer un primeiro achegamento a este colectivo para que perciban a Investigación para o Desenvolvemento como unha opción real cara a orientar as súas tarefas investigadoras. 

Podes solicitar esta actividade para a túa facultade en sepiu.santiago@usc.es ou no 881 812 859.

CONTIDOS:

  1. Que é a cooperación ao desenvolvemento?
  2. A Educación para o Desenvolvemento: sensibilización, educación, incidencia política e investigación.
  3. A importancia da Investigación para o Desenvolvemento: unha realidade para o alumnado.
  4. A cooperación internacional para o desenvolvemento: unha saída profesional multidisciplinar.
  5. A realidade das ONGD: necesidades e aportes da IpD.