No marco do Convenio que temos coa Xunta as tres universidades galegas, este curso a Universidade de Santiago de Compostela a través do Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU), e dentro das actuacións conxuntas da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), quere fomentar a orientación de parte dos TFG e TFM vinculados ás distintas Áreas de Coñecemento á investigación en temas de Cooperación e Educación para o Desenvolvemento.
Para isto, deseñamos un obradoiro que pretende achegar ao alumnado á cooperación ao desenvolvemento. Este obradoiro de 3 horas de duración ten o obxectivo de ser impartido ao estudantado de último curso de grao e de máster. A finalidade é facer un primeiro achegamento a este colectivo para que perciban a Investigación para o Desenvolvemento como unha opción real cara a orientar as súas tarefas investigadoras.
Podes solicitar esta actividade para a túa facultade en sepiu.santiago@usc.es ou no 881 812 859.
CONTIDOS: