No marco da RGCUD, organízase este curso para PDI da USC (aprobado polo Plan de Formación e Innovación Docente).
OBXECTIVOS
• Mellorar as competencias do PDI para pór en marcha accións de EpD que favorezan o papel activo da institución universitaria na consecución dos ODS.
• Mellorar as competencias do PDI para a incorporación do enfoque da EpD nas súas prácticas docentes.
CONTIDOS
1. Conceptualización da Educación para o Desenvolvemento (EpD).
2. Contextualización da EpD no marco do sistema universitario como axente activo ante a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
3. Estratexias e ferramentas pedagóxicas para a práctica docente con enfoque de EpD.
4. Marco institucional e colaborativo con axentes locais.
DOCENTES
Ana Cano Ramírez. Directora de Cooperación ao Desenvolvemento e Compromiso Social da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Coordinadora do Grupo Universitario de Cooperación “Educación para el Desarrollo”.
Silvana Longueira Matos. Coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC e profesora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da mesma universidade.
Máis info pinchando aquí.