Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Programa formativo USC Sostible: Comercio Xusto e consumo responsable. Curso 2016-2017

logoprevio.jpg
Novembro 2016 - Maio 2017
Universidade:
USC
Público:
Aberto

No marco do proxecto “USC sostible. Comercio xusto, ciclos curtos de distribución e consumo responsable” financiado pola Xunta de Galicia e coordinado pola Oficina de Desenvolvemento Sostible en agrupación con PANXEA, deséñase un programa formativo co obxectivo de sensibilizar e formar á comunidade universitaria neste eido. A finalidade desta formación a promover actitudes de consumo responsable, ético e sostible; facendo fincapé na construción dunha cidadanía activa e implicada desde o local con miras a unha transformación global.

A estrutura do programa céntrase en ofertar diversas sesións formativas en diferentes formatos (obradoiros, xornadas e mesas redondas) para que cada estudante poida escoller as que máis lle interesen ao longo do curso académico 2016-2017.

 

A participación nestas actividades é aberta e de balde, sendo preciso inscribirse previamente no enderezo sepiu.santiago@usc.es ou no teléfono 881 812 872. Asemade, cóntase co recoñecemento académico con 1 crédito ECTS para todas as titulacións sempre e cando: se asista a un mínimo de 24 horas de formación (a escoller entre as 35 horas ofertadas) e se realice unha memoria final para a avaliación do aproveitamento.

ACTIVIDADES 1º CUADRIMESTRE

OBRADOIRO: Modelos de consumo ao servizo das persoas: o comercio xusto

A través dun acto tan cotiá coma mercar, podemos participar da construción de novos modelos de produción e consumo. O Comercio Xusto é, na actualidade, unha alternativa comercial que contribúe ao desenvolvemento sustentable ofrecendo mellores condicións comerciais e asegurando os dereitos de produtores/as e traballadores/as desfavorecidos, especialmente no Sur.

Datas: 30 de novembro (Lugo) e 1 de decembro (Santiago). 16:30/18:30.

Lugar: Santiago (Casas Reais, 8) e Lugo (Aula Aresa, Facultade Veterinaria)

Duración: 2 horas

 

OBRADOIRO: Modelos de produción ao servizo das persoas: a soberanía alimentaria

O modelo de produción e consumo actual dificulta cada vez mais coñecer e poñer nome ás persoas que están detrás dos alimentos que comemos. Achegar de novo ás persoas que están ao principio e ao final da cadea (persoas produtoras e consumidoras) e recuperar a capacidade de cada pobo de definir as súas políticas agrarias, do mar, e alimentarias dacordo a obxectivos de desenvolvemento sostible e que respecten a cultura e o xeito de producir de cada pobo e entorno é un dereito a reivindicar hoxe mais que nunca.

Datas: 13 de decembro. 16:30 -18:30 (Lugo) e 18:00 - 20:00 (Santiago)

Lugar: Santiago (Casas Reais, 8) e Lugo (Aula 11, Facultade de Humanidades)

Duración: 2 horas

 

ACTIVIDADES 2º CUADRIMESTRE (pendente confirmar datas)

OBRADOIRO: Modelos de comercialización internacionais: o caso do café

Se existe un produto paradigmático das malas prácticas no comercio internacional ese é o café. O xeito en que se produce, as súas implicacións sociais, culturais, económicas e medioambientais, o control das grandes multinacionais e dos mercados financeiros de futuros, etcétera, fan que resulte imprescindible plantexarnos qué hai detrás das nosas tazas de café e qué alternativas podemos implementar dende o Comercio Xusto.

Data: 2º Cuadrimestre (2017, a definir)

Duración: 2 horas

 

OBRADOIRO: Modelos de comercialización locais: o caso do leite

E se a nivel internacional falabamos do café, nun entorno mais próximo, o caso que temos mais cercano é o do leite. O modelo de explotación, produción, distribución no caso deste alimento que nos resulta tan cotiá é un bo exemplo da influencia sobre as persoas, o resto de seres vivos, a biodiversidade e o medio ambiente , …

Se queremos un mundo rural vivo, dende o Comercio Xusto tamén no caso do leite temos moito que dicir e facer.

Data: 2º Cuadrimestre (2017, a definir)

Duración: 2 horas

 

OBRADOIRO: Pegada ecolóxica: o noso impacto glocal

O modelo neoliberal de comercio internacional e de sociedade de consumo implica uns impactos ecolóxicos por basearse en modelos agrícolas, pesqueiros, industriais e comerciais intensivos, extractivos, de transporte de persoas e mercancías, etcétera, que supoñen unha pegada ecolóxica innegable que dan lugar a modificacións do medio, climáticas ou culturais que tamén teñen contrapropostas alternativas dende o Comercio Xusto e o Consumo Responsable.

Data: 2º Cuadrimestre (2017, a definir)

Duración: 2 horas

 

MESA REDONDA: Mulleres en prol da Gaia.

Data: 2º Cuadrimestre (2017, a definir)

Duración: 2 horas.

 

XORNADA FORMATIVA: Educación para o Desenvolvemento

Data: 2º Cuadrimestre (marzo 2017, a definir)

Duración: 8 horas

 

XORNADA FORMATIVA: Economía Social e Solidaria

Data: 2º Cuadrimestre (abril 2017, a definir)

Duración: 8 horas

 

XORNADA FORMATIVA: Comercio Xusto e Consumo Responsable

Data: 2º Cuadrimestre (maio 2017, a definir)

Duración: 8 horas