Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

RETOS DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO. OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

joseantonio.jpg
26 de outubro de 2016
Universidade:
UDC
Público:
PDI, Estudantado, PAS

O seminario “Retos da cooperación ao desenvolvemento. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”, enmárcase dentro das actividades previstas no convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as universidades galegas para a consolidación da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento, creada en 2014.
O seminario será impartido polo profesor José Antonio Alonso, catedrático de Economía Aplicada da Universidad Complutense de Madrid. O profesor Alonso é, dende 2006, vocal experto do Comité para Politicas de Desenvolvemento das Nacións Unidas e membro, dende 2005, do Consejo Asesor de Cooperación al Desarrollo, Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. José Antonio Alonso está especializado en crecemento e desenvolvemento e relacións económicas internacionais, dirixindo o Master de Cooperación ao Desenvolvemento e Axuda Internacional da UCM.

Programa do seminario:
1.- As características da cooperación ao desenvolvemento
2.- Evolución histórica da cooperación: os principais fitos
3.- Cumprimos cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio?
4.- Cara aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
5.- Presente e futuro da cooperación ao desenvolvemento en España
6.- O papel da universidade
  O seminario desenvolverase o próximo día 26 de outubro, en horario de 16.00 a 20.00 horas no salón de graos da Facultade de Dereito do campus de Elviña.
A asistencia é libre e gratuíta ata completar aforo.
Calquera dúbida sobre a inscrición pode ser plantexada por medio dos correos electrónicos: ocv@udc.es; ocvfer@udc.es