O Seminario "Saúde en Cooperación ao Desenvolvemento e Acción Humanitaria", reunirá os días 17 e 18 de novembro na facultade de Dereito do campus de Elviña, a un grupo de profesionais e persoas expertas en materia de saúde nos eidos da cooperación ao desenvolvemento e a acción humanitaria, que traballan para algUnhas das ONGD máis importantes: Médicos do Mundo, Médicos sen Fronteiras, Farmamundi, ACCEM ou a Fundación SEMG, e que nos falarán dos aspectos clave para a prevención, o tratamento e a asistencia en saúde.
PROGRAMA
Xoves 17
16.00-17.15 h. A problemática da saúde no mundo. D. Francisco Raigón Jiménez. Técnico de proxectos da Fundación Semg Solidaria.
17.00-18.15 h. Seguridade Alimentaria. Unha visión da fame no mundo. D. Francisco Raigón Jiménez. Socio e voluntario de Enxeñería Sen Fronteiras.
18.15-18.45 h. Descanso
18.45-20.00 h. Medicamentos, patentes e tratados comerciais (OMC). D. Xosé María Torres. Membro de Farmamundi.
Venres 18
16.00-17.15 h. A saúde sexual e reprodutiva. Dona Iria Gippini Estévez. Coordinadora Médicos do Mundo Galicia.
17.15-18.45 h. A intervención en saúde en contexto humanitario. Dona Mariam Rodríguez. Pediatra e expatriada en Médicos Sen Fronteiras.
18.45-19.15 h. Descanso
19.15-20.30 h. Saúde mental e apoio psicolóxico a vítimas de conflitos. Dona Elena González Cid. Psicóloga de ACCEM Coruña.