A XIV XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE INTERCULTURALIDADE: INTERSECCIONALIDADE E IDENTIDADES DIVERSAS,celebrarase en Ferrol o vindeiro 5 de novembro, na aula magna da Facultade de Humanidades do campus de Esteiro.
A xornada, gratuita, estará aberta a toda a comunidade universitaria, persoal técnico e voluntariado de asociacións e ONG, activistas e público interesado en xeral. Será preciso realizar unha inscrición a través do formulario dispoñible na páxina web da Oficina de Cooperación e Voluntariado. As prazas confirmaranse por rigurosa orde de inscrición.
MAÑÁ
9.00-9.30 h. Recepción das persoas asistentes
9.30-10.00 h. Presentación da xornada. Pilar García de la Torre, vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, e Manuela Pita Santos, decana da Facultade de Humanidades e Documentación da UDC.
10.00-11.30 h. Conferencia e debate: Afrofeminismo e decolonialidade. Antoinette Torres Soler. Fundadora e directora de Afroféminas, escritora e investigadora.
11.00-11.30 h. Pausa
11.30-13.00 h. Monólogo: Como sería a miña vida se fose un negro de película? Moha Gerehou Gerewu. Xornalista de <eldiario.es> e activista contra o racismo en SOS Racismo Madrid.
13.00-14.30 h. Conferencia e debate: Corpos fronteirizos: activismo antirracista LGTBIQ. Jeane Sodré Costa. Educadora e sexóloga.
TARDE
16.00-17.30 h. Mesa redonda: Conciencia e activismo
Modera: Vanessa Míguez Martín. Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC
17.30-18.00 h. Pausa
18.00-19.30 h. Conversatorio: Madrid negro: poética Afro. Yeison F. García López, politicólogo e activista da comunidade Afro.
19.30-20.30 h. Mesa redonda: Experiencias autobiográficas na aula do estudantado racializado
Modera: Cathryn Teasley Severino. Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, Facultade de Ciencias da Educación da UDC