Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

XORNADA DE FORMACIÓN "RETOS DA COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO EN GALICIA"

15 de decembro de 2023

XORNADA DE FORMACIÓN "RETOS DA COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO EN GALICIA"

A Rede Galega de Cooperación Universitaria, integrada pola Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo, organiza a xornada  de formación "Retos da cooperación Universitaria ao Desenvolvemento"".

DATA E MODALIDADE:

As xornadas realizarase o día 15 de decembro de 10:00 a 14:00.

Formato : virtual síncrono.

As contrasinais de acceso serán proporcionadas por e-mail a todas as persoas inscritas nas xornadas.

 

 

PROGRAMA:

1-DEBILIDADES E  PAUTAS PARA A MELLORA NAS FORMULACIÓNS DE PROXECTOS NO EIDO DA COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO. 

Explicación das principais debilidades detectadas nas solicitudes presentadas ao abeiro das convocatoria de axudas e subvencións para a execución de proxectos no exterior e pautas para a mellora nas próximas formulacións en: Pertinencia, coherencia, financiamento, recursos humanos e técnicos, análise da entidade solicitante e contraparte local, poboación beneficiaria, viabilidade, complementariedade e incorporación dos enfoques transversais, adecuación e contribución aos principios da Declaración de París e aos ODS.

2-PRINCIPAIS CONVOCATORIAS NO EIDO DA COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO

Convocatorias de subvencións existentes no eido autonómico, estatal e internacional para a Cooperación Universitaria ao desenvolvemento.

3- FORO VIRTUAL " OS RETOS DA COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO"

Logo das xornadas celebraremos un Foro virtual sobre a cooperación Universitaria ao Desenvolvemento onde se debatera sobre a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento  abordando as seguintes cuestións

- Cal é o papel das Universidades na cooperación  ao desenvolvemento?

-Que retos presenta o traballo na CUD para o PDI e PAS que traballada nos proxectos e accións de cooperación?

-Necesidades formativas e propostas dende o ámbito Universitario no eido da CUD.

 

É precisa a inscrición previa a través do seguinte formulario:

Máis información e inscrición:

Formularios | Secretaría Online Universidade de Vigo (uvigo.gal)