Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Xornada "Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: unha oportunidade real para acabar coa pobreza"

cartel_axendapost15_def.jpg
11 setembro 2015

A RGCUD, en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD, organiza esta xornada co obxectivo de coñecer e debater sobre a nova Axenda de Desenvolvemento Post2015 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Celebrase o venres 11 de setembro a partires das 9:30 na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta actividade está recoñecida no Programa de Formación e Innovación Docente para o PDI da USC. Tamén ten o recoñecemento de 1 crédito optativo ECTS para todas as titulacións de grao da USC. O alumnado que desexe o recoñecemento académico deberá asistir ao 90 % do total das horas e entregar de forma obrigatoria un informe final (non menos de 1.000 palabras) para a avaliación do aproveitamento do curso.

A participación é aberta e de balde previa inscrición, ata o 10 de setembro, no enderezo xornadas@galiciasolidaria.org 

PROGRAMA:

9:30  Recepción participantes

9:45  Presentación das xornadas

Reitor da USC, Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Presidenta da CONGD, Decano da Facultade de Xeografía e Historia

10:00 – 11:30  Conferencia inaugural: As visións do Desenvolvemento ante a axenda post 2015. Koldo Unceta, catedrático de Economía Aplicada da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).

11:30 – 12:00  Pausa café

12:00 – 14:30  Mesa redonda: a participación dos diferentes axentes na nova axenda

      · Os gobernos. Francisco Gutiérrez, responsable da área de educación da Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

      · Os actores descentralizados. Ignacio Martínez, Plataforma 2015 y más.

      · A sociedade civil organizada e o sector privado. José Medina, Alianza Española contra a Pobreza.

      · As universidades. Nuria Castejón, Secretaría Técnica do Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD).

14:30 – 16:00  Descanso para xantar

16:00 – 18:30  Mesa redonda: Os enfoques da nova axenda post 2015

      · A sostibilidade ambiental e os ODS. Yayo Herrero, directora da FUHEM.                    

      · A perspectiva de xénero e os ODS. Mar Correa, responsable da unidade de xénero da Axencia Andaluza de Cooperación Internacional.

      · A transversalización dos Dereitos Humanos nos ODS. Itziar Ruiz-Giménez, coordinadora do Grupo Estudos Africanos (GEA) e o Grupo de Estudos Internacionais (GERI) da Universidade Autónoma de Madrid.

      · A coherencia de políticas para unha axenda comprensible que rinda contas. Mª Luisa Gil, Economistas sin Fronteras.

18:30 – 19:00  Pausa café

19:00 – 20:30  Conferencia final: O novo escenario post 2015: cambio dos eixos do desenvolvemento. Pablo M. Osés, Plataforma 2015 y más.