Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

A Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento de España presenta o Informe 2014 sobre o sector

20 maio de 2015

A Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento de España publica o informe anual sobre o sector, unha ferramenta imprescindible para coñecer a situación da cooperación internacional ao desenvolvemento impulsada polas ONGD e coñecer de primeira man o traballo que realizan.

A Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento-España presentou o Informe do Sector das ONGD. O estudo, con open data, desgrana os datos máis recentes (2013) das ONG que integran a Coordinadora. A fotografía arroxa a imaxe dun sector que, a pesar do impacto que sufriu pola crise e os recortes na política de cooperación, mantén as súas estruturas e consegue garantir a atención ás poboacións máis vulnerables de 110 países do mundo