Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC crea un scape room para dar a coñecer os ODS

imagen_scape_room.png_571509282.png

A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña, vén de crear un scape room como ferramenta lúdica para dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible co título "OD...que?".

A dita creación, para nivel principiante, espera ser completada cunha nova versión de nivel avanzado nun futuro próximo. Namentres, pódese empregar tanto a nivel individual como colectivamente, para saber máis sobre os ODS e as súas metas.


 

Pode accederse ao xogo pinchando no seguinte enlace.