A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña, vén de crear un scape room como ferramenta lúdica para dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible co título "OD...que?".
A dita creación, para nivel principiante, espera ser completada cunha nova versión de nivel avanzado nun futuro próximo. Namentres, pódese empregar tanto a nivel individual como colectivamente, para saber máis sobre os ODS e as súas metas.
Pode accederse ao xogo pinchando no seguinte enlace.