Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

A RGCUD participa no curso monográfico da EGAP sobre a implementación da Axenda 2030 nas Administracións públicas

img-20190618-wa0006.jpg
18 de xuño de 2019

A RGCUD participou na EGAP en Santiago de Compostela no curso monográfico "A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas Administracións Públicas Galegas", cunha intervención a cargo de Carolina Lodeiro Malde e Vanessa Míguez Martín, para un nutrido grupo de máis de 50 persoas funcionarias.

As relatoras introduciron ás persoas asistentes na Rede Galega de Cooperación ao Desenvolvemento e a CUD, e explicaron o proceso de implementación da Axenda 2030 e os ODS nas universidades galegas a través da dita rede.