Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

A RGCUD participa nas Xornadas sobre os ODS en Galicia organizadas pola CONGDE

mesa redonda coordinadora_ods.jpg
4 de outubro de 2018

O pasado xoves 4 de outubro, tiveron lugar en Santiago de Compostela as xornadas Os ODS en Galicia: o papel da sociedade civil organizada, no que houbo representación da RGCUD, coa presenza de Vanessa Míguez Martín, técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. A membro da rede participou na mesa redonda “As alianzas no impulso dos ODS”, nas que compartiu reflexións con Xosé Cuns Traba da EAPN Galicia, Andra Corzo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e Alejandro Quiñoá da Coordinadora Galega de ONGD.

As xornadas estiveron pensadas como un espacio informal e de traballo dirixidas principalmente ás ONGD socias da Coordinadora (persoal directivo e técnico) interesadas en mellorar os seus coñecementos sobre a Axenda 2030 e reflexionar en cal debería ser o seu papel no impulso da mesma. Abríronse tamén ao público xeral interesado neste tema.