Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

A viaxe de Ahmad ate Galicia

24/03/2017

Como te sentirías se tiveses que abandonar a túa casa, a túa familia, o teu país, cruzar un mar enteiro nun bote en mal estado, e chegar a un país lonxano no que te meten nun campo onde non tes unhas condicións de vida dignas?

Eso mismo viviu Ahmad Al Ahmad, refuxiado sirio que chegou á Coruña hai cinco meses da man de Leticia Santaballa, psicológa e voluntaria nos campos de refuxiados de toda Grecia. Unha historia de sufrimento, medo, incertidume e esperanza que poderemos escoitar polas verbas dos seus protagonistas.

A súa travesía dende Siria ata Turquía, a viaxe por mar ata Grecia, a súa estancia nos campos de refuxiados e a labor como educadores dos nenos e nenas residentes nos campos, a súa viaxe ata España...unha historia que paga a pena escoitar.

 

Data: Venres, 24 de marzo de 2017
Hora: 13:00
Lugar: Salón de Actos da E.T.S de Arquitectura (Campus da Zapateira, A Coruña)

Entrada libre ata completar aforo