Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Aberto o prazo para votar os vídeos do III Concurso Móvete polos ODS

Ata o 14 de novembro

O obxectivo do concurso é dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc.

Xa está aberta a canle de Youtube onde están publicados todos os vídeos admitidos ao III Concurso "Móvete polos ODS", polo que damos inicio ás votacións.

Preme en "Me gusta" nos teus vídeos favoritos, e lembra que o prazo de votacións está aberto ate o día 14 de novembro ás 14:00h.

Podes acceder aos vídeos premendo aquí: Concurso Móvete polos ODS 2023 - YouTube