ACAMPA é unha iniciativa cidadá sen ánimo de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, vecinais, politicos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social.
Ten como obxectivo a defensa dos DDHH, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito ao Refuxio. Promove a participación e a implicación. A iniciativa abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente. Afonda nas casusas dos acontecementos, para contrastar a información.
Acampa 2018 terá lugar entre os días 14 ao 16 de xuño nos xardíns de Méndez Núñez en A Coruña.
A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña participará, igual que no ano 2017, na iniciativa Acampa, coa realización de diversas actividades de sensibilización:
- O dia 15 de xuño, levará a cabo a actividade Pegada ecolóxica cantos planetas necesitas? no horario de 16:15 - 17:45 h e dentro da Carpa central
- O día 16 de xuño, levará a cabo a actividade Quen é quen? Saberías poñerlle cara ás refuxiadas medioambientais? no horario de 18:00 - 20:00 h e dentro da Carpa central
Pódese consultar o resto do programa aquí.