Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Actividade de Sensibilización sobre os ODS

ods final.png
8 de outubro

O voluntariado do proxecto de Sensibilización e EpD da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, levará a cabo unha actividade sobre os ODS o vindeiro 8 de outubro na Facultade de Económicas entre as 12:00 e as 14:00 h.

Este proxecto vai dirixido a sensibilizar á comunidade universitaria sobre diversas temáticas relacionadas cos dereitos humanos, a xustiza social o desenvolvemento humano sostible... O voluntariado que partipa neste proxecto, diseña tanto os materiais de sensibilización como as propias dinamicas e xogos de carácter lúdico que levan a cabo para intentar chamar a atención sobre a importancia da participación como cidadanía activa.

Foi recoñecido no 2015, coa súa inclusión na Guía de Boas Prácticas en Materia de Cooperación Univesitaria ao Desenvolvemento, editada pola CRUE (Conferencia de Reitores das Univesidades Españolas), no seu apartado de Sensibilización.