Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Actividades de Sensibilización nos campus da UDC

img_1562.jpg
16, 23 e 24 de novembro e 13 decembro

Por unha banda, o voluntariado de Sensibilización e Educación ao Desenvolvemento da OCV achegarase á rotonda do Campus de Elviña ás 11.00 h do día 16 co fin de acercar á comunidade universitaria a situación das persoas refuxiadas.
Intentaremos que te poñas na súa pel por uns minutos e informarte da súa realidade dende o seu país de orixe ata a vida nos campos de refuxiados. E quen mellor para informarte que persoas que viviron esa situación? Non perdas esta oportunidade de ouro para coñecer un pouquiño máis da actualidade e a realidade que te rodea.

O  mércores 16 de novembro no campus de Esteiro (Ferrol) o 23 de novembro e o 13 de decembro nos campus de Elviña e Zapateira respectivamente (A Coruña), levaremos a cabo unha actividade de sensibilización, na que contaremos coa colaboración da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia.

Achegarémoslle á comunidade universitaria unha proposta socioeducativa na que, a partir da recreación do famoso concurso "Quere ser millonario/a?", as persoas participantes poderán achegarse ao actual modelo de consumo e ás súas terribles consecuencias sociais e medioambientais.

O 24 de novembro repetirase a actividade sobre a situación das persoas refuxiadas no campus de Esteiro en Ferrol.