Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Charla Coloquio: Aleida Quintana na Fac. de Filosofía. USC

52360958_2356511024361812_7442524183268950016_o.jpg
20 de febreiro

Este mércores 20 de Febreiro celebrarase na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela unha charla coloquio da man de Aleida Quintana, antropóloga social e activista pola defensa de dereitos das persoas desaparecidas en Mexico. Neste encontro, organizado por Amnistía Internacional en coordinación co Dpto. de Filosofía e Antropoloxía Social da Fac. de Filosofía, a mexicana fará unha achega sobre a realidade social que estase a vivir no seu país de orixe, dende unha perspectiva de xénero. A loita pola igualdade de dereitos e xustiza social é unha constante na súa traxectoria profesional, na que podemos salientar a súa labor na creación de bases de datos de familias desaparecidas, de vítimas de trata de persoas, explotación sexual e traballos forzados.

Actualmente atópase en España acollida ao "Programa de Protección de Defensoras e Defensores en riesgo" de Amnistía Internacional, estancia que aproveita para crear estos espazos de encontro e visibilizar os distintos niveis de violencia e vulneración de dereitos aos que leva enfrentándose na súa loita.  

A sesión celebrarase ás 19.30h no salón de actos da Facultade de Filosofía, con entrada gratuíta.