Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Comenzo das votacións dos videos MÓVETE POLOS ODS

cartel_concurso_video_ods_web.jpg
Ata o 16 de novembro

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convocou o I Concurso de vídeos "MÓVETE POLOS ODS" co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...

Agora é o momento de votar polo teu video favorito, dándolle a "Me gusta" no canal de Youtube da RGCUD, onde poderás visionar os vídeos que alumnado das tres universidades públicas galegas realizou para o concurso.

Visítanos e vota!: https://www.youtube.com/channel/UC3mZu3cpb5sNI6h0IDcEgXA