Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Compra pública ética e a súa contribución cara o cumprimento dos ODS

pleno.jpg
26 de marzo de 2019

Esta mañá no reitorado, María Paz de Solidariedade Internacional de Galicia e Gonzalo Gesto de Panxea, impartiron unha motivadora palestra sobre compra ética e comercio xusto para os xefes e xefas de servizo, seccións e negociados, o xerente e varios vicerreitores/as. Ao final da sesión, houbo tempo para desfrutar dun café e outros produtos de comercio xusto.

A actividade, está enmarcada nas accións da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD)