A Cooperación Española, a través da súa Axencia de Cooperación, AECID, anuncia a selección de candidatos e candidatas para cubrir 13 prazas de Jóvenes Voluntarios de Naciones Unidas en países en desenvolvemento, no marco dos Programas de Apoio á Presencia de Españoles en Organismos Internacionales.
O prazo de presentación de solicitudes ábrese o 9 de outurbo e se pecha o 23 do mesmo mes.
Máis info pinchando aquí
O Programa de Jóvenes Voluntarios de Naciones Unidas é o único no mundo que ofrece oportunidades de voluntariado coas Nacións Unidas, e representa unha gran oportunidade de revitalizar o traballo sobre o terreo das axencias da ONU en todo o mundo, á vez que permite desenvolver as competencias e a experiencia dos e das dirixentes de hoxe e do mañá.
No proceso de selección poden participar todas aquelas persoas que cumpran os requisitos esixidos, tales como ter entre 23 e 29 anos, non contar con máis de dous anos de experiencia profesional, nivel alto de inglés, ou titulación universitaria acorde ao cargo, entre outros.