Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Creación do Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable

2 setembro 2019

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE vén de facer pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, a executar polos grupos e centros de investigación das universidades galegas.

Dos cinco proxectos subvencionados, tres pertencen á Universidade de Vigo, un á Universidade da Coruña e outro á Universidade de Santiago de Compostela, e dous deles correspóndense coa creación de dous novos grupos de investigación.

No caso do proxecto presentado pola Universidade da Coruña en agrupación coas entidades Arquitectura sen Fronteiras Galicia e Enxeñeria sen Fronteiras Galicia co título "Creación do Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable” destaca o feito de que, todas as persoas integrantes do grupo, pertencen á RGCUD.