Curso de posgrao (título propio da UDC) destinado a profesionais, licenciados/as e estudantes que queiran coñecer o traballo en cooperación e educación ao desenvolvemento.
Este curso será financiado grazas ao convenio entre a Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea) e as tres universidades do SUG a través da RGCUD.
Preinscrición: Do 01/09/2017 ao 22/09/2017
Matricula: Do 26/09/2017 ao 29/09/2017
HORARIOS: 16:00 a 20:30
REQUISITOS DE ACESO:
Serán admitidas as persoas que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
1- Ser titulado universitario
2- Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
3- Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios
MODALIDADE: Presencial
CRÉDITOS: 6 créditos ECTS
AULAS: Facultade de Dereito. Campus de Elviña