Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Da inicio na UDC o curso de especialización de posgrao en Cooperación e EpD

img-20181004-wa0016.jpg
4 de outubro de 2018

O pasado xoves 4 de outubro, púxose en marcha a terceira edición do curso de especialización de posgrado de Cooperación e Educación ao Desenvolvemento na Unviersidade da Coruña.

A vicerreitora de Internacionalización e Cooperación fixo a inauguración e presentou ao primeiro profesor, Xosé Luís Pastoriza, encargado da impartición do Módulo I de Introdución á Cooperación ao Desenvolvemento.

O curso, de 60 h de duración, transcurrirá entre os meses de outubro e novembro de 2018, con aulas os xoves e venres pola tarde. Ten lugar na Facultade de Dereito do campus de Elviña, e reúne a un nutrido grupo de persoas especialistas nos eidos da cooperación e educación ao desenvolvemento, a acción humanitaria, o dereito ou o financiamento europeo.