Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Dereitos Humanos e cuestións éticas no salvamento de vidas humanas

cartel openarms_foto.jpg
31 de xaneiro 2019

Conversatorio con Anabel Montes Mier, xefa de misión de Proactiva Open Arms.

Xoves 31 de xaneiro

Facultade de CC do Deporte e Educación Física-INEF (Bastiagueiro) ás 13.00 h

Facultade de Enfermaría e Podoloxía (campus de Esteiro, Ferrol) ás 17.00 h

 

Entrada libre ata completar aforo.

A ONG Open Arms ten como principal misión o rescate no mar daquelas persoas que intentan chegar a Europa fuxindo de conflitos bélicos, persecución ou pobreza. Naceu dunha empresa de socorrismo e salvamento marítimo e adícase á vixiancia e salvamento de embarcacións de persoas que necesitan auxilio nos mares Exeo e Mediterráneo Central, ademais de denunciar as inxustizas que están a acontecer.